Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Sala das Cunchas acolle mañá un Obradoiro de Investigación Arqueolóxica e Vídeo-investigación

Fecha: 2016-07-07

A Sala das Cunchas do Concello do Grove acolle mañá a partir das 12 unha xornada dedicada a coñecer un pouco máis da arqueoloxía. Trátase dun obradoiro de investigación arqueolóxica e vídeo-investigación que se enmarca dentro do proxecto de Telearqueoloxía 2016 da Deputación Provincial de Pontevedra. 

 

O obradoiro está pensando para que mozas e mozos tomen contacto coa arqueoloxía dun xeito práctico. Para ese fin o programa divídese en dúas partes. Pola mañá contarase coa intervención de José Carlos Sánchez Pardo, do Laboratorio de patrimonio, paleoambiente e paisaxe da Universidade de Santiago de Compostela, quen falará sobre “A posta en valor do patrimonio arqueolóxico”. Posteriormente, o profesor de xornalismo da mesma universidade, Manuel Gago, tentará explicar os elementos básicos da “comunicación do patrimonio”. Os dous relatores serán presentados pola Concelleira Noemi Outeda e a responsable do proxecto de Telearqueoloxía, Saleta González. 

 

Xa pola tarde, a partir das 16.00 horas, poñerase en marcha un obradoiro de vídeo-creación que será impartido por Produccións Mutantes coa finalidade de que os participantes comprendan as posibilidades da divulgación audiovisual nun eido tan concreto como é a conservación do patrimonio.