O Servizo de Normalización Lingüística recibe una nova subvención da Deputación de Pontevedra
Fecha: 2016-07-11
Dentro das subvencións de dinamización lingüística que cada ano outorga a Deputación de Pontevedra o Concello do Grove acaba de obter 7.400 euros destinados ao “Mantemento do Servizo de Normalización Lingüística”. Trátase dunha axuda fundamental para poder seguir traballando no coidado e dinamización na lingua galega no noso municipio e permite que se continúe cos programas formativos e de difusión que ata agora se estaban emprendendo.
Esta subvención coincide co traballo realizado polo referido servizo para a elaboración dunha Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio do Grove que pretende mellorar o uso da lingua, especialmente na propia Administración municipal. O borrador foille remitido xa aos grupos de oposición para o seu debate antes da presentación no Pleno.