O Concello do Grove reparte 95.000 euros en subvencións a clubs deportivos da localidade
Fecha: 2016-07-19
Trátase do primeiro reparto realizado conforme ás novas bases de subvencións, segundo os requisitos de transparencia e obxectividade na súa concesión.
Logo de que as bases das subvencións para os clubs deportivos fosen revisadas en traballo directo e consensuado coas propias entidades deportivas, a pasada semana procedeuse á súa adxudicación. Deste xeito, a puntuación foi outorgada en función das táboas publicadas nas bases das subvencións, permitido así que, incluso de xeito previo, os clubs puidesen estimar a contía que lles ía ser outorgada.
Lémbrase que as subvencións divídense en dúas categorías: por unha banda aqueles clubs que cumpren unha serie de requisitos básicos entre os que o fundamental é teren categorías base e participaren en campionatos para os que se reparten 90.000 euros e, por outra, aqueles clubs que non cumpren os requisitos referidos e para os que se reservan 5.000 euros.
A partir desta concesión son as entidades as que terán que entregar as correspondentes xustificacións para poder percibir as contías outorgadas.
Adxudicacións coas puntuacións>