O Concello pon en marcha a reorganización da sinalización do municipio
Fecha: 2016-07-22
Trátase dun proxecto a medio prazo que pretender mellorar a sinaléctica e facer máis accesible o municipio.
Tal e como se anunciara no programa electoral do grupo de goberno, o Concello do Grove inicia esta semana os traballos de mellora da sinaléctica da vila. Como primeiro paso publicouse un bando no que se solicita que os propietarios de sinais na vía pública (carteis indicadores na súa maioría) deberán presentar no Concello, no prazo de dous meses, os correspondentes permisos ou autorizacións que lles permiten contar con ese sinal ou elemento publicitario.
Unha vez rematado ese prazo, o Concello comezará coa retirada daqueles elementos que non conten coa correspondente autorización dos organismos pertinentes en cada caso. Este é un primeiro paso para poder reorganizar unha sinalización que resulta, hoxe por hoxe, caótica, excesiva e moi confusa.
Trátase dun plan a longo prazo que requirirá de traballo durante polo menos un ano, pero que pretende conseguir unha maior organización e racionalidade do espazo público. De xeito paralelo, tamén se elaborou un informe sobre a sinalización nas praias, que permitirá abordar este ámbito en concreto nos vindeiros meses.