Novas melloras nos parques infantís do Grove
Fecha: 2016-07-26
O parque do Corgo conta dende onte cunha nova randeeira.
Atendendo as demandas das persoas usuarias do parque infantil do Corgo, o Concello do Grove, ademais das correspondentes melloras no chan e na seguridade dos aparellos existentes, acaba de instalar unha randeeira. Trátase ademais dun elemento de xogo adaptado que permite que poida ser utilizado por nenas e nenos dun amplo marxe de idade (desde os bebés ata cativada de maior tamaño).
Esta mellora súmase ao traballo realizado polos servizos municipais no relativo á mellora e continuo mantemento dos parques infantís. Estas zonas son consideradas fundamentais polo Concello do Grove e amosaban unha notable deterioración ao logo de catro anos sen ser atendidos. De cara ao mes de setembro tamén están previstas actuacións nos parques infantís dos colexios e continuar coa corrección dos existentes, tal e como se ten abordado, por exemplo, no parque infantil na zona do Redondo (Illa da Toxa).