Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello iniciou onte unha nova limpeza de colectores de lixo

Fecha: 2016-07-27

Logo dunha intensa fin de semana, a primeira hora da mañá de onte retomáronse os traballos de limpeza que xa se iniciaran hai unhas semanas. 

 

Ante a intensa actividade desta ponte pasada, no Concello os servizos municipais realizaron unha limpeza adicional dos colectores de lixo para evitar problemas de cheiros ou sucidades. A limpeza comezou pola rúa Tenente Domínguez, avenida de Beiramar, praza do Corgo e Paseo de Lordelo, e continuará hoxe por máis rúas. 

 

Desde o Concello do Grove incídese na necesidade da colaboración cidadá, xa que se seguen detectando vertidos de lixo nos colectores sen a correspondente bolsa de plástico. Este comportamento resulta especialmente grave no momento actual debido ás altas temperaturas, xa que supón provocar que os colectores de lixo poidan causar mal cheiro. Se a isto lle engadimos non respectar os horarios de depósito das bolsas, o problema pode verse agravado.

 

Deste xeito, e a pesar de realizar un reforzo na limpeza interior exterior dos colectores, requírese a colaboración cidadá para realizar correctamente o depósito do lixo (no horario adecuado e sempre en bolsas) e de informar aos visitantes sobre estas normas de comportamento. A mellora neste aspecto supón evitar problemas de sucidade que provocan unha mala imaxe de cara ao turismo e unha incomodidade para a veciñanza.