O Concello do Grove anima á participación no concurso de carteis da Festa do Marisco 2017
Fecha: 2016-08-02
O prazo de presentación das propostas remata o vindeiro 2 de setembro.
O Concello do Grove lembra que está aberto o prazo de presentación de orixinais para participar no Concurso do Cartel da Festa do Marisco de 2017. As bases, que foron aprobadas en setembro do ano pasado, están dispoñibles na web de Turismo do Concello. O premio está establecido en 350 euros e os bosquexos poderán se entregados nas oficinas do Concello ata as 14.00 horas do 2 de setembro de 2016.
O cartel, que terá unhas medidas de 30 x 45 cm en sentido vertical ou horizontal, deberá incluír o anagrama que o Concello do Grove ten rexistrado (centola con cunca) e as datas en que terá lugar a seguinte festa (do 5 ao 15 de outubro de 2017), ademais de incluír expresamente o nome de “Festa do Marisco. O Grove 2017”.