Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Os usuarios de Vellos Tempos tamén collen o Grobus

Fecha: 2016-08-09

 

Esta tarde está programada unha saída para que os maiores participantes en Vellos Tempos visiten o centro urbano. 

 

Esta tarde o Grobus, o servizo posto en marcha pola Asociación de Empresarios Emgrobes, recibirá a uns usuarios moi especiais. Trátase dos participantes no programa Vellos Tempos que habitualmente se atopan nas Valadas e que collerán o autobús para achegarse ao centro do Grove e poder pasear por esta zona.

 

Esta excursión permitirá que os máis maiores visiten o Porto e o paseo marítimo e supón unha actividade nova que aproveita o bo tempo destes días. O servizo conta con accesibilidade grazas a unha rampla despregable e asentos adaptados, o que permite que as persoas con mobilidade reducida tamén poidan participar nesta actividade.