Continúan as melloras na seguridade viaria do centro urbano
Fecha: 2016-08-09
O proxecto de iluminación directa dos pasos de peóns supón un notable avance para mellorar en seguridade.
Os pasos de peóns de Alexandre Bóveda e Luis A. Mestre serán os seguinte en contar cunha iluminación específica para os pasos de cebra similar á xa instalada na zona do Corgo (Banco Santander, intersección da Rúa da Praza e a Glorieta da República Arxentina e diante da confraría). Trátase de luces dirixidas directamente sobre os pasos de peóns que melloran a súa visibilidade e impiden que o cruzamento de luces de vehículos poida causar situacións de perigo por falta de visibilidade.
Estas medidas súmanse as xa postas en marcha coa colocación de lombos en distintas zonas do Grove que buscan a redución da velocidade. Lémbrase ademais que existen tres radares adecuadamente identificados en distintas zonas do núcleo urbano. Desde o Concello estase traballando para continuar na implementación de medidas de seguridade pasivas que prioricen o peón e que permitan a conciliación do tráfico.