Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello contará con patrulla nocturna de policía esta fin de semana

Fecha: 2016-08-12

 

 

Tamén se ten solicitado apoio da Garda Civil da zona para asegurar a actividade festiva. 

 

Durante esta ponte o Concello contará con patrulla policía 24 horas. Trátase de lle dar cobertura a amplía actividade que se prevé no municipio e ao grande número de visitantes que se agardan na zona. Deste xeito, a partir das 23.00 horas comezará a quenda de noite con patrulla na rúa e tamén de atención telefónica.

 

Lembramos que, ademais destas quendas nocturnas, os efectivos da Policía Local tamén teñen organizado un reforzo para a feira do venres.

 

Seguridade nas praias

 

No relativo ás praias, todos os efectivos dispoñibles estarán despregados nelas durante esta ponte, contando, adicionalmente, con reforzo dunha embarcación que lles dará servizo ás praias do sur. Ademais disto tamén se reforzarán os equipamentos de seguridade trasladando os desfibriladores dispoñibles nos campos de fútbol (sen actividade nestas datas) a pé de praia para poder contar cos máximos posibles.