Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove presenta hoxe a programación musical da Festa do Marisco

Fecha: 2016-08-19

O evento contará coa música de Mr. Cool e será presentado pola actriz Iria Parada.

 

Esta tarde, ás 20.00 horas, o local El Patio, situado na rúa Luis Seoane, acollerá un evento de presentación da programación musical da Festa do Marisco 2016. O acto será conducido pola actriz local Iria Parada e contará coa actuación musical de Mr. Cool. Ademais de dar a coñecer a ampla programación musical prevista para a Festa do Marisco, estrearase o vídeo promocional da Festa dobrado en castelán e galego polo actor Rubén Mascato. 

 

Presentarase o amplo programa de concertos previsto, ademais de informar dalgunhas das novidades do programa que xa se atopa case pechado e que se comezará a distribuír nas vindeiras semanas. Ao evento foron convidados os colectivos sociais, empresariais, culturais e deportivos do Grove ademais de facerse efectivo o convite a todos os veciños e veciñas que queira coñecer de primeira man as actividades que están previstas para eses dez días de outubro.