Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O cinema de verán bota o peche con “El desconocido”

Fecha: 2016-08-23

 

A película da produtora local Emma Lustres proxectarase mañá mércores ás 22.00 h na rúa do Hospital. 

 

Cunha moi grande acollida de público, os cinemas de verán da programación do Concello do Grove remata mañá mércores cun éxito rodado en Galicia. Trátase do filme El desconocido protagonizado por Luis Tosar e da produtora Vaca Films, que conta á súa fronte coa grovense Emma Lustres. 

 

Os cinemas de verán rexistraron un paulatino aumento de público, acudindo máis de cen persoas ás últimas proxeccións. O filme de maior éxito ata agora foi Ocho apellidos catalanes, con máis de 150 persoas. Outras películas tiveron menor asistencia por mor do vento, pero ningunha delas tivo que ser cancelada. Deste xeito, os Cinemas de verán despídense ata o vindeiro verán, pero lembramos que o cine voltará ao Grove en novembro cun novo ciclo de “Cinemas de Galicia”.

 

Tráiler oficial YouTube>