Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove abre o concurso para a explotación da carpa de artesanía da Festa do Marisco

Fecha: 2016-08-29

O prazo de presentación de ofertas comeza hoxe e permanecerá aberto ata o vindeiro 13 de setembro de 2016.

 

Dentro dos traballos de organización da Festa do Marisco de 2016, no día de hoxe publicáronse no “Perfil do contratante” do Concello do Grove as condicións para participar no concurso para a explotación da carpa de artesanía que se instalará no recinto da Festa do Marisco na praza do Corgo. O prezo de saída deste espazo é de 4.300 euros e as persoas interesadas (de xeito individual ou en grupo) poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 13 de setembro.

 

Segundo o prego de condicións, o Concello porá á disposición do concesionario unha carpa de 150 metros cadrados situada nas proximidades da Estatua do Mariscador. Dentro dela só poderán comercializarse os produtos recollidos na ordenanza reguladora da venda ambulante de colares e outros ornatos persoais realizados con cunchas mariñas do concello do Grove (BOP do 22 de outubro de 2010) e ademais de puntuarse a oferta económica tamén se terá en conta o plan de decoración e ornato da carpa. Tamén se valorará positivamente a proposta de actividades de divulgación sobre a artesanía de cunchas que podan realizarse neste espazo.