Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello acomete a renovación de canastras e redes nos parques infantís e zonas deportivas

Fecha: 2016-08-30

Desde a semana pasada os espazos públicos locen novos materiais para mellorar as zonas de práctica deportiva.

 

Desde a semana pasada o Concello do Grove comezou a renovación das redes e canastras dos parques infantís da vila. Trátase de mellorar o estado daqueles puntos onde cativos e non tan cativos realizan práctica deportiva non regrada ao aire libre. Os esforzos realizados na mellora dos parques infantís vense así cubertos coa colocación de redes e canastras que substitúen as que se atopaban en mal estado ou incluso repoñendo algunhas inexistentes.

 

O Concello do Grove lembra que os espazos públicos son unha prioridade e que o seu coidado e mantemento resulta fundamental, especialmente no relativo a aqueles lugares que son empregados pola xente máis nova e para a práctica deportiva.