A campaña de control de velocidade do mes de agosto sáldase con máis de 10.000 vehículos controlados e só 26 denuncias
Fecha: 2016-08-31
A Policía Local destaca a notable baixada de infractores con respecto a anteriores campañas.
A campaña de control de velocidade emprendida durante o período do 22 ao 28 de agosto e que afectou a varias rúas do núcleo urbano (Xoán XXIII, Tenente Domínguez, Estrada do Conde e zona de entrada ao núcleo urbano en Campos), supuxo que se controlasen 10.353 vehículos. Como se pode observar nas táboas que se xuntan, o maior número de controis realizouse entre o martes e o mércores desa semana.
Deste elevado número de vehículos controlados, tan só 26 foron denunciados por exceso de velocidade na vía correspondente. Dez durante a mañá do martes 23, 12 o mércores 24 e catro na mañá do último domingo de control. Trátase, polo tanto, dunha porcentaxe moi baixa de infraccións, sobre todo en comparación con campañas anteriores, o que supón un dato alentador para a seguridade do tráfico.
TÁBOA DE DATOS:
|
Total de vehículos controlados 10.353 |
||
|
|
||
|
|
Quenda de mañá |
Quenda de tarde |
|
Luns 22 |
|
441 |
|
Martes 23 |
2455 |
1163 |
|
Mércores 24 |
1280 |
1417 |
|
Xoves 25 |
733 |
1494 |
|
Venres 26 |
|
|
|
Sábado 27 |
920 |
|
|
Domingo 28 |
450 |
|
|
|
||
|
Total de vehículos denunciados |
||
|
|
||
|
|
Quenda de mañá |
Quenda de tarde |
|
Luns 22 |
|
0 |
|
Martes 23 |
10 |
0 |
|
Mércores 24 |
9 |
3 |
|
Xoves 25 |
0 |
0 |
|
Venres 26 |
|
|
|
Sábado 27 |
0 |
|
|
Domingo 28 |
4 |
|