A rúa do Pombal e a rúa de Castelao permanecerán pechadas a partir do luns
Fecha: 2016-09-06
Acometeranse obras de gas e electricidade no Pombal e actividades de dinamización comercial na rúa de Castelao.
A Policía Local informa de restricións ao tráfico na rúa do Pombal por mor de obras de canalización do gas e electricidade que comezarán o vindeiro luns. Inda que a zona xa foi adecuadamente sinalizada para tal efecto, lémbraselles aos condutores que poderán acceder ao Monte da Vila tanto pola Vilavella como polas Bouzas. Para este fin prohíbese estacionar nas Bouzas para permitir o dobre sentido de circulación nesta rúa.
Corte da Castelao
Ademais deste corte, o vindeiro luns comeza unha campaña da asociación de comerciantes locais (Emgrobes) que se colocará nun lateral da rúa cun posto de promoción e que suporá o corte desta rúa ata o vindeiro día 16 de setembro, pero só en horario comercial. Deste xeito, o tráfico quedará restrinxido nesta zona, mais con total acceso peonil.