Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Consorcio convocou de urxencia a ANPA de Rons e ao Concello para informar do atraso das obras da Gardería

Fecha: 2016-09-06

A reunión tivo lugar o pasado venres ás 19.00 horas na Sala das Cunchas da Casa do Concello.

 

O Consorcio da Xunta de Galicia, responsable da xestión da Escola Infantil de Rons que está desenvolvendo as obras de reforma desta instalación, convocou onte de urxencia aos pais e nais dos alumnos deste centro e ao Concello. A finalidade da convocatoria era informar de que as obras contan con retrasos o que impedirá a apertura no prazo previsto. A pesar de que en anteriores días se informou de que as obras ían na data correcta, na reunión do venres indicouse que non vai ser posible rematalas a tempo e que se precisan dúas semanas máis de traballos, o que supón que o servizo non comezaría a funcionar ata o 19 de setembro.

 

Os pais e nais amosaron a súa indignación polo escaso prazo do aviso, xa que a escola debía abrir as súas portas o luns 5 de setembro. Este atraso supón un gravísimo problema de cara á conciliación familiar das familias usuarias deste servizo. Debe terse en conta, ademais, que as informacións facilitadas ao Concello en ningún momento facían prever que se podía producir un problema destas características. Desde o Concello demandouse un mellor seguimento das obras e unha redución do prazo de entrega.