Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Festa do Marisco recibe o distintivo de Evento Cardioprotexido

Fecha: 2016-09-12

A Sociedad Española de Medicina y Seguridad en el Trabajo outorgou hoxe este recoñecemento.

 

Os traballos postos en marcha durante a edición de 2015 da Festa do Marisco, e que continuarán nesta edición, no relativo a formación de persoal e a dispoñibilidade de desfibriladores no espazo do evento, permitiron que a LIII edición da Festa do Marisco consiga o distintivo que espazo cardioprotexido.

 

Este distintivo é outorgado pola Sociedad Española de Medicina y Seguridad en el Trabajo, unha sociedade científica fundada no ano 1956, e supón informar os visitantes que se achegan á Festa do Marisco de que a zona onde se celebrará o evento conta co equipamento e o persoal adecuado para atender crises cardíacas. Trátase dunha iniciativa que se suma ás postas en marcha ao longo deste ano para avanzar na prevención e na atención inmediata de episodios cardíacos, con protocolos de atención aplicados por persoal previamente formado. Deste xeito tense avanzado na mellora dos servizos deste tipo nas instalacións deportivas e realizado formación nos colexios para os máis cativos.