Novo horario de atención da OMIX
Fecha: 2016-09-22
A partir do vindeiro luns, 26 de setembro, a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) volve ao seu horario de atención de inverno: de luns a venres, de 9.00 a 14.00 h no segundo andar do edificio administrativo municipal (rúa Alcalde Xacobe Barral Otero, 3). Ademais, os luns, de 16.00 a 19.00 h tamén estará aberta ao público, pero esta vez na rúa do Matadoiro (Lordelo), nas antigas intalacións da Policía Local.