A Festa do Marisco xa está presente nas cidades da Coruña e Vigo
Fecha: 2016-09-26
Desde o día 20 e ata a fin da Festa as cidades de Coruña e Vigo contan con valos publicitarios de promoción da Festa do Marisco do Grove. Trátase dunha acción promocional posta en marcha polo Concello coa finalidade de atraer a público de proximidade. Nos valos emprégase a adaptación do cartel da Festa e están situados nas zonas de acceso a ambas as cidades.
Deste xeito, no relativo á Coruña, instaláronse dous valos na vía principal de entrada á zona central, tanto en sentido de entrada como de saída, e un terceiro nunha das rúas máis céntricas da cidade. No que respecta a Vigo, cóntase cun valado na travesía de Vigo en dirección a un coñecido centro comercial e outra na circunvalación de Castrelos, zona con gran circulación de vehículos.
O Concello reforza así a campaña publicitaria en puntos próximos, facendo especial fincapé na cidade da Coruña, onde contan cun festivo o día 7 de outubro o que supón que a veciñanza desta cidade dispón de máis días para gozar da Festa do Marisco. De igual xeito apostouse pola cidade de Vigo, non só por tratarse da cidade de referencia, senón pola súa proximidade co concello do Grove.