Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A limpeza do pavimento do centro do Grove recupera o bo aspecto da beirarrúas

Fecha: 2016-10-05

A nova maquinaria de limpeza está conseguindo excelentes resultados de limpeza.

 

A limpeza iniciada nas pasadas semanas nas beirarrúas empregando o novo equipamento de fregona mecánica está a conseguir uns excelentes resultados recuperando a cor e o aspecto dos pavimentos de distintas zonas. Ademais da zona de Luis A. Mestre, os resultados son visibles na propia praza do Corgo, onde a zona fronte á Casa do Concello recuperou a cor orixinal das baldosas ou incluso a propia beirarrúa fronte á Confraría, cun aspecto moi diferente ao que lucía hai só unhas semanas.

 

Esta limpeza, xunto coas melloras emprendidas en xardinería e a organización das obras (todas quedarán rematadas a partir do xoves), permiten que O Grove estea totalmente preparado para a Festa do Marisco e para que os veciños e veciñas e as persoas que nos visitan poidan ver a vila nas mellores condicións de mantemento.