A inauguración da Carpa Mahou concentra os cociñeiros máis innovadores na praza do Corgo
Fecha: 2016-10-07
A partir das sete comeza a funcionar a Carpa Mahou coa mostra de petiscos e a cociña en vivo.
Hoxe venres, ás 19.00 horas terá lugar a inauguración da Carpa Mahou, coa que comezará a funcionar o epicentro da innovación gastronómica da Festa do Marisco do Grove. Os cociñeiros Alberto González Silabario, estrela Michelin, e Kike Piñeiro, premio nacional de gastronomía, serán os primeiros en degustar a proposta de petiscos diferente que ofrecerán os establecementos participantes neste espazo. O obxectivo é crear un intercambio de experiencias onde os chefs compartan a súa paixón e particular visión do produto estrela da Festa, o marisco.
Carpa Mahou
A Carpa Mahou albergará a mostra de petiscos do marisco onde os seis establecementos participantes ofrecerán unha proposta de petiscos diferentes e os cociñeiros grovenses terán a posibilidade de facer demostracións de cociña en vivo. Esta iniciativa contará, ademais, coa colaboración de diversos cociñeiros Mahou, como os estrela Michelin Rafa Centeno e Inés Abril, de Maruja Limón; Alberto González Silabario, do Restaurante Silabario, ademais de Kike Piñeiro e Eloy González, de A Horta do Obradoiro. Todos os cociñeiros Mahou realizarán espectáculos de cociña en directo dentro da programación da Cociña en Vivo.
Ademais disto, a Carpa Mahou acollerá cursos de tiraxe gratuíta de cervexa para os asistentes. Un experto tirador desvelará algúns trucos para tirar unha boa cervexa. Estes cursos terán lugar o mércores 15, ás 13.30 e ás 19.30, e o sábado 15 ás 13.30 horas, e para participar tan só será necesario achegarse ata a Carpa Mahou.