Presentado o cartel da LIV edición da Festa do Marisco
Fecha: 2016-10-11
Antón Lezcano González e Rubén Vidal Prol son os gañadores deste ano cun cartel que ten coma protagonista a estatua do mariscador.
A dorna Laxe de Rons pertencente á Asociación de Amigos da Dorna Meca foi a encargada de “levantar do mar” o cartel gañador do concurso deste ano, unha obra dos artistas gráficos Antón Lezcano (da Coruña) e Rubén Vidal (do Grove). Os dous deseñadores impuxéronse fronte a trece participantes que este ano concorreron ao concurso de carteis obtendo un premio económico de 350 euros e sendo o seu cartel o que, a partir de hoxe servirá para promocionar a Festa do Marisco de 2016.
Precisamente con esa intención, ademais de comezar coa distribución da edición do cartel –un recordo moi tradicional que os visitantes que se achegan ao Grove adoitan recoller– tamén se imprimiu unha edición de folletos con información xeral sobre a Festa e a partir desta semana tamén se comezará coa colocación de valados publicitarios. Deste xeito a difusión da Festa do Marisco 2017 comeza xa buscando que a edición do vindeiro ano sexa un éxito.