Comezan as actividades na carpa institucional da praza do Corgo
Fecha: 2016-10-21
A partir do sábado a carpa institucional da praza do Corgo comezará o programa de actividades previsto para os meses de outubro, novembro e decembro. Ademais de acoller o certame de teatro da Asociación Cultural Enxebre e a nova quenda de Cinemas Galicia, tamén está prevista a celebración de concertos, máis obras teatrais e actividades para os máis pequenos.
Como comezo, esta fin de semana están prevista dúas obras teatrais do certame de Enxebre. A primeira delas o sábado, ás 21.00 horas, a cargo do Grupo de Teatro da Biblioteca de Antas de Ulla coa obra As trece rosas e o domingo, á mesma hora, representarase Ás portas, da Asociación Cultural Paso de Valverde. Tamén o domingo, ás 19.00 horas terá lugar unha nova sesión de Cinemas de Galicia coa proxección da película de animación Maimiño e o espello máxico (lembramos que estas sesións teñen un custo de tres euros).
Nos vindeiros días darase a coñecer a programación completa da carpa institucional, que estará instalada na praza do Corgo ata o vindeiro 10 de decembro.