Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

'Retrincos de Castelao', chega mañá á carpa da praza do Corgo

Fecha: 2016-11-03

 

A Deputación de Pontevedra achega ao Grove esta obra producida por Culturactiva.

 

Os cómicos Isabel Risco e Fran Rei son os protagonistas da obra Retrincos de Castelao, un achegamento ao humor na obra do autor de Rianxo. A través dun texto Diego Rey, realizará un divertido percorrido polo traballo deste intelectual galego, acercándose á súa obra e á súa curiosa forma de ver a Galicia do seu tempo.

 

A obra representarase mañá, venres ás 20.00 horas na Carpa institucional da praza do Corgo, dentro da programación de outono do Concello do Grove, que se completará con máis teatro e cine durante esta fin de semana.

 

Dossier>