Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A oficina de turismo do Grove atendeu case 3.000 persoas en outubro

Fecha: 2016-11-02

Máis de 2.000 visitantes acudiron a este servizo durante a Festa do Marisco

 

A Oficina de Turismo do Grove, situada na praza do Corgo, segue a bater récords en canto a turistas atendidos. Só durante o mes de outubro pasaron por estas dependencias 2.989 persoas, o que supón un acumulado anual de 34.156. A Oficina de Turismo do Grove é a de maior número de visitas de todo O Salnés e unha das principais da provincia, o que confirma a importancia deste servizo para o desenvolvemento turístico non só da localidade, senón de toda a provincia de Pontevedra.

 

Durante a Festa do Marisco (do 6 ao 16 de outubro) rexistráronse na oficina 2.004 visitas, sendo o día de maior afluencia o xoves 6, dato que resulta rechamante, tendo en conta que se trataba do día inicial da Festa e un día de semana.

 

O traballo da Oficina de Turismo tamén resulta destacable no referido á xestión das redes sociais. No relativo ao Facebook chegouse en outubro a 3.090 seguidores, a 2.132 en Twitter e 311 en Instagran (esta última creada só hai dous meses).