Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello pon en marcha un programación de dinamización en igualdade e prevención da violencia de xénero

Fecha: 2016-11-09

As actividades celebraranse durante o mes de novembro co gallo da celebración o día 25 da xornada contra a violencia de xénero.

 

O Concello do Grove ven de poñer en marcha unha serie de actividades que ocuparán o mes de novembro coa finalidade de incidir na formación en igualdade e, especialmente, na prevención da violencia de xénero. O programa componse de tres liñas básicas de actuación. A primeira delas denomínase “Eu, ti, NosOutrxs. Trans*hitos vitais. Identidades en proceso de cambio. Guía de exploración para xente curiosa” e componse de tres obradoiros monográficos sobre xéneros, identidades, sexualidades e amores.

 

Así, o primeiro deles comezou onte e estenderase ata o vindeiro xoves en horario de 17.00 a 20.00 horas co título “Manual básico en xéneros e feminismos”. Xa a vindeira semana, o 15 e 17 de novembro, de 17.00 a 20.00 horas, terá lugar o segundo dos obradoiros sobre “Sexualidades de diversidades” e do 22 a 24 de novembro, no mesmo horario o tallar “Amores e amor romántico. Quererse ben”. Todas estas actividades terán lugar na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.

 

A segunda das actividades previstas é o “Club de emprego para mulleres” que terá lugar o 2, 9, 16 e 23 de novembro en horario de 18.00 a 20.00 horas na Casa da Cultura. Trátase dunha proposta de autodiagnose para facilitar o proceso de autocoñecemento e reforzo da autoestima que pretende acompañar (tanto no persoal como no ámbito laboral) á mellora do emprego.

 

Finalmente, a terceira actividade, busca promover a transmisión interxeracional do coñecemento e da memoria histórica a nivel local baixo o título “Sabias, saberes e memorias. Aulas de estimulación cognitiva e memoria das persoas maiores desde unha perspectiva de xénero”. Esta actividade está composta por catro sesións dunha hora e media e as datas do seu desenvolvemento serán comunicadas nas vindeiras semanas.

 

Toda a información sobre estas actividades poderá ser consultada a través do Centro de Información ás Mulleres do Concello do Grove (CIM).