Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Convocatoria das segundas probas de avaliación en competencias clave para poder acceder aos cursos dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, entre os q se atopan os Obradoiros de Emprego.

Fecha: 2010-05-07

 

      Os diferentes módulos que integran os Obradoiros de Emprego, asi como os cursos AFD para desempregados que convoca anualmente a Consellería de Traballo e Benestar teñen uns requerimentos formativos que é preciso cumprir para poder inscribirse. Coa entrada en vigor dos novos certificados de profesionalidade ese requerimentos formativos estanse a facer máis esixentes de tal xeito que a ESO é case un requisito mínimo. 

       Para toda a xente que polos motivos que fose non obtivo o título da Educación Secundaria Obligatoria e quere acceder a formación ocupacional para mellorar as súas posibilidades de acadar un emprego,  se convocan as probas de avaliación de competencias clave. 

       A solicitude para participar nestas probas deberá formalizarse presentando solicitude dirixida ó Instituto Galego das Cualificacións, o modelos de solicitude, a documentación necesaria e o calendario das probas se pode consultar na orde que se anexa a esta noticia ou no Edificio de Usos Múltiples (casa azul).

 

¿Qué son as competencias clave? 

       Son os requisitos formativos que asegurarán que os alumnos posúen os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento os cursos correspondentes aos novos certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 e 3. Para o acceso dos alumnos aos certificados de profesionalidade de nivel 1 non se esixen requisitos de acceso. Estas competencias clave comprenden un conxunto de contidos xerais de formación básica en diferentes áreas de coñecemento.

 

¿Cales son as competencias claves?

        Lingua galega. Lingua castelá. Linguas estranxeiras. Matemáticas. Ciencia. Tecnoloxía. Dixital. Xeografía. Historia

 

¿En qué consisten as probas de avaliación das competencias clave?

        A persoa participante terá que realizar un exame ou proba tipo test sobre cada unha das competencias clave nas que realizou a inscrición. Ás persoas que participen nas probas de avaliación en competencias clave expediráselles un documento acreditativo que permitirá o acceso á formación que requira esa competencia clave.

 

Para máis información: 

                               Edificio de usos Multiples 

                               R/ Castelao nº 173 

                               Teléfonos: 986 73 06 09  //  986 73 39 02 

                               Técnico de Emprego ou Orientadora Laboral

 

Orde completa