O Concello acolle a vindeira semana unha charla sobre novas tendencias en turismo
Fecha: 2016-11-25
O vindeiro martes, 29 de novembro ás 19.30 horas a Sala das Cunchas acollerá esta conferencia.
A Sala das Cunchas do Concello do Grove será o escenario o vindeiro martes, 29 de novembro dunha charla do Club Faro patrocinada pola Deputación de Pontevedra. Neste caso a temática da charla xira en torno ás “Novas Tendencias en Turismo”; participarán na mesma o Consultor de Proxectos Turísticos, Eduardo Martínez Domínguez, e a profesora de Publicidade e Relacións Públicas da Universidade de Vigo, Mabel Míguez.
Eduardo Martínez é Máster en planificación por en Centro de Estudios do Snowdonia National Park (Gales) e de Turismo Costero y Ecoturismo Marine da George Washington University (Estados Unidos). Tamén é posgraduado en Xestión de Proxectos Medioambientais pola Universidade de Santiago de Compostela e Graduado en Ciencias do Mar, especialidade en oceanografía pola Universidade de Vigo. Na actualidade é o xerente da compañía Hidria, Ciencia, Ambiente y desarrollo que conta con oficinas de España, Panamá, Colombia e Brasil.
Con 16 anos de experiencia en proxectos vinculados á planificación e xestión dos recursos naturais e o deseño de produtos de eco-turismo, ten levado as súas iniciativas a numerosos países por todo o mundo: Colombia, Uruguay, Maldivas, República Dominicana, Marrocos, Georgia, Panamá, España, Portugal, Brasil e especialmente na Patagonia Arxentina onde traballo durante máis de tres anos na posta en marcha de iniciativas turística en áreas de protección natural.
Na súa intervención do vindeiro martes, Martínez centrarase en poñer sobre a mesa as necesidades de innovación do sector turístico en xeral e o grovense en particular, facendo especial fincapé na importancia do turismo medio ambiental no desenvolvemento futuro do sector. A continuación intervirá na mesa a profesora da Universidade de Vigo, María Isabel Míguez González.
María Isabel Míguez é profesora de Publicidade e Relacións Públicas na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación onde imparte materias do ámbito da Comunicación Institucional. Na actualidade é membro do equipo de investigación que está desenvolvendo o proxecto “ComTur 2.0. Uso e influencia de los social media y la comunicación 2.0 en la toma de decisiones turísticas y en la imagen de marca de los destinos”. O proxecto está dirixido pola profesora da Universidade Rovira i Virgili, Assumpció Huertas dende o ano 2013 contando con financiamento do Ministerio de Economía e Competitividade e ten dado lugar á publicación do libro “La Comunicación de los destinos turísticos y sus marcas a través de los medios sociales”.
(Máis información sobre o proxecto:
http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=12097&Itemid=11)
Míguez exporá algunhas das conclusións do seu traballo analizando a súa vez exemplos concretos de boas e malas prácticas. Ambas intervencións desenvolveranse a partires das 19.30 horas na Sala das Cunchas do Concello sendo esta unha actividade financiada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa de Club Faro de conferencias. Trátase, ademais, dun novo punto de partida para retomar os traballos do Plan Extratéxico de Turismo que está elaborando o Concello do Grove.