Saltar al contenido

Esta web solo usa cookies propias técnicas, necesarias para su funcionamiento. Las estadísticas de visitas son anónimas y no usan cookies. Más información en nuestro aviso sobre cookies.

Aceptar

A curta “No abortamos” gañadora do Festival de Curtas do Concello do Grove

O Certame celebrado o pasado domingo contou cunha notable asistencia de público.

O público asistente ao IV Festival de Curtas do Concello do Grove seleccionou a curta “No abortamos” como gañadora entre as oito presentadas durante a tarde do domingo na Sala das Cunchas do Concello. A curta, cunha duración de 19 minutos e dirixida por Marta Onzain e Alberto R. Peña Marín, narra como tres membros da banda terrorista ETA se dispoñen a emitir, en directo, o último comunicado da banda.

A historia de Onzain e Peña impúxose a “A los ojos”, “ La huida”, “El pescador”, “Pura hasta la sepultura”, “Encuentros en la tercera edad” e “Alien Inside”. O premio pola votación do público é de 300 euros para a curta gañadora, que ademais suma puntos para o concurso final que se celebrará en Madrid en vindeiras datas.

Este evento organízase grazas ao proxecto de CortoEspaña e permite achega ao Grove algunhas das mellores curtas feitas en España, neste caso correspondentes ao ano 2015. A boa acollida desta iniciativa entre o público fai prever que o evento poida repetirse nos vindeiros anos. 

Foto do Festival


Todas las noticias