Reúnese o xurado do Concurso Ernesto Goday de pintura
Fecha: 2016-11-29
O ditame poderá coñecerse nos vindeiros días.
Os membros que conforman o xurado do Concurso Ernesto Goday de Pintura reuniranse está mañá a partir das 12.30 horas para ver as obras preseleccionadas nesta edición. O xurado realizou a selección das 18 obras expostas na Sala das Cunchas e Sala das Dornas do Concello do Grove entre as 54 obras remitidas en fotografías. Agora poderán realizar a selección do gañador ou gañadora final contemplando as pezas de xeito directo.
Lembramos que o xurado elixirá un único gañador ou gañadora, que percibirá un premio de 3.000 euros, e cuxa obra a formar parte do patrimonio municipal. A mostra inaugurada a pasada semana está a despertar grande expectación entre os veciños e veciñas do Grove e destácase a elevada calidade de todas as obras participantes. A exposición permanecerá nestas salas como mínimo durante dúas semanas máis. A decisión do xurados darase a coñecer nos vindeiros días.
