O Concello pon en marcha a actividade deportiva da ‘Semana Branca’ en Andorra
Fecha: 2016-11-30
Os veciños e veciñas interesados na práctica do esquí poderán practicar este deporte en Andorra.
O Concello do Grove ven de poñer en marcha unha actividade que se desenvolverá entre o 5 e o 10 de febreiro do vindeiro ano. A Semana Branca do Concello do Grove permitirá que os participantes practiquen o esquí en Andorra cun custo de 465 euros por persoa incluíndo neste prezo a viaxe, o aloxamento, manutención e material de esquí.
Os interesados en participar deberán inscribirse no teléfono 986 732 336 e depositar unha fianza previa de 150 euros. O traslado realizarase en autobús e irase parando en ruta para coñecer lugares de interese. Deste xeito preténdese achegar aos veciños e veciñas a unha práctica deportiva diferente, ampliando, aínda máis, as práctica deportiva dos grovenses.