Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello convoca os veciños da zona urbana a unha nova charla informativa sobre o PXOM

Fecha: 2016-12-27

 

Tamén se ofrecerá información detallada sobre o Plan de Tráfico.

 

Mañá, mércores, ás 20.30 horas, terá lugar na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey unha charla informativa para expoñer os avances levados a cabo no PXOM. Nesta ocasión abordarse o relativo ao centro urbano, onde as problemáticas se centran na eliminación dos denominados SUNC (Instrumentos de planeamento e xestión para solo Urbano Non Consolidado) e as solucións achegadas ao “fóra de ordenación”.

 

Nesta mesma charla o alcalde do Grove presentaralle á veciñanza as propostas do Plan de Tráfico que comezarán a implantarse nas vindeiras semanas e que foi desenvolto grazas ao traballo da Policía Local. Ante o interese de ambas as cuestións, agárdase que a cidadanía do Grove participe activamente nesta reunión.