Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello acolle unha exposición cos carteis da Festa do Marisco

Fecha: 2017-01-18

A partir deste venres e ata o 11 de febreiro poderán verse todos os carteis do arquivo municipal da Festa do Marisco.

 

Coincidindo coa apertura provisional da Oficina de Turismo nos baixos da Casa do Concello do Grove debido ás obras de reforma das dependencias deste servizo, o Concello pon en marcha unha exposición cos carteis da Festa do Marisco desde os seus inicios. Deste xeito, os visitantes que se acheguen a facer as súas consultas á Oficina poderán ver unha interesante mostra que incide na promoción do evento turístico de maior importancia do Grove e da provincia.

 

A mostra está composta por 48 carteis que van desde a primeira edición no 1963 ata os máis recentes. Debe destacarse que no arquivo municipal faltan algún dos carteis de edicións intermedias por diversas circunstancias, como que non se fixera ou non se arquivara. Lembramos que estes carteis non se expoñen dende hai 3 anos, cando tivo lugar unha exposición monográfica con gallo do 50 aniversario da Festa.

 

Entre os carteis expostos poden verse curiosidades como unha das dúas versións realizadas do cartel da primeira edición, unha peza deseñada por Lugrís, varias da autoría do artista local Gogue e incluso pezas elaboradas con imaxes aéreas do Grove onde se perciben os cambios da localidade. A exposición permite realizar unha posta a punto dos carteis, realizando unha limpeza destes e revisando os enmarcados. Deste xeito está previsto elaborar un sistema de almacenaxe deles para garantir un mellor arquivo e evitar a súa deterioración unha vez rematada a exposición.