O Concello realiza melloras no Campo de Fútbol das Lampáns
Fecha: 2017-02-03
Esta instalación municipal conta con novos espazos de almacenaxe.
O Concello do Grove ven de rematar unhas obras de acondicionamento do Campo das Lampáns para solucionar o problema de almacenaxe desta instalación. En concreto construíuse unha nova caseta con dous espazos, un dedicado á almacenaxe de útiles e outro para materiais de limpeza do propio campo. Trátase dunha obra na que se investiron 4.200 euros e que soluciona un problema existente no relativo a poder gardar materiais dos clubs que xogan neste campo e evitar que os mesmos se acumularan en espazos inadecuados como as caldeiras ou outras zonas.
Melloras en instalacións deportivas
Estas obras súmanse a outras realizadas nas instalacións deportivas municipais, como as novas bancadas do Campo de Fútbol do Monte da Vila que permiten, ademais, aproveitar as anteriores para os partidos de fútbol base ao teren equipamentos facilmente movibles. Deste xeito cóbrense as necesidades de varias categorías de práctica deportiva neste campo.