Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove amplía o Punto Limpo

Fecha: 2017-02-10

A ampliación permitirá contar con máis servizos.

 

Dentro das melloras contempladas no contrato adxudicado á Urbaser en 2013 para a recollida selectiva e xestión do Punto Limpo atopábase a de ampliación deste último. Deste xeito, hai unha semana comezaron as obras que permitirán contar con máis servizos para a veciñanza. A Comunidade de Montes de San Martiño cedeulle os terreos ao Concello, o que permitirá aumentar en 500 metros cadrados a capacidade da planta, o que fai un total de 1.500 metros cadrados.

 

Nesa nova ampliación inclúese a realización dunha plataforma de 210 metros cadrados, pavimentada en formigón e destinada a espazo para colectores de depósito de residuos e zonas de manobras de camións. A esta poderá accederse mediante unha rampla pavimentada de 22 metros de lonxitude, con tres metros de ancho.

 

Incorporase tamén unha zona de compostaxe de 180 metros cadrados para dispoñer os restos de poda e residuos vexetais en composteiros, creando unha zona especial para o traslado ao Punto Limpo de residuos orgánicos. Esta iniciativa permite incidir nos obxectivos de “Economía Circular” promulgados pola Unión Europea para o 2020.

 

Ademais do anterior, crearase un local de residuos tóxicos e almacén de RAEES , recolocando a zona actual de residuos perigosos e aumentando notablemente a capacidade actual do Punto Limpo. Finalmente, contarase con tres colectores máis de 20 metros cúbicos cada un.