Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello entrega mañá os premios dos concursos de educación viaria

Fecha: 2017-03-06

 

 

No acto tamén se presentarán as rutas do Camiño Escolar Seguro cara ao colexio Rosalía de Castro.

 

O Concello do Grove entregará mañá martes a partir das 19.00 horas na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey os premios dos concursos de educación viaria 2016. Trátase do II Concurso de Maquetas de Educación Viaria e o Concurso de Cancións de Educación Viaria que, durante o pasado ano, convocou o Concello do Grove.

 

Tras a entrega de premios presentaranse as rutas do Camiño Escolar Seguro, neste caso para o colexio Rosalía de Castro, dentro do proxecto de camiños escolares que puxo en marcha o Concello do Grove.