O Concello ten en marcha a adxudicación dos locais de emprendemento da praza de abastos
Fecha: 2017-03-08
O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 15 de marzo.
O Concello do Grove lémbralles ás persoas interesadas que as bases para a adxudicación dos seis locais de emprendemento situados na praza de abastos están dispoñibles no perfil do contratante da páxina web do Concello do Grove. Ademais, tamén se pode acceder a eles desde o banner da cabeceira da páxina web do Concello.
Lembramos que estes locais buscan ser unha saída para o emprendemento local e contan cunhas condicións moi flexibles para o seu acceso (un ano sen pagamento da concesión, por exemplo) e buscan, ademais, dinamizar a praza de abastos con actividades diferentes ás existentes no mercado.