Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello reforma todos os xardíns do cemiterio

Fecha: 2017-03-13

 

O alumnado do curso de Xardinería do Obradoiro de Emprego foi o encargado, nas últimas semanas, de darlle un cambio completo a este espazo.

 

O alcalde do Grove, Jose Cacabelos, o  concelleiro de Emprego, Javier Caneda e a concelleira de Obras, Ángeles Domínguez, visitaron onte o cemiterio municipal, onde puideron comprobar de primeira man os traballos que están levando ao cabo nos xardíns deste espazo público. Os alumnos e alumnas do Obradoiro de Emprego de Xardineira levan xa varias semanas traballando neste proxecto e teñen conseguido cambiar o aspecto dos testos e xardíns, unha obra moi demandada pola veciñanza.

 

Os participantes nestes obradoiros foron os encargados de realizar as obras de mellora ede deseñar estes novos espazos. Para a formación neste aspecto, o alumnado contou con formación de Jose Soto, paisaxista e xerente de Inovapaisajes, gañador do festival internacional de xardinería de Allariz en 2011 e 2016. Unha vez rematado o proxecto do cemiterio, Jose Soto orientará o estudantado na preparación do novo deseño da rotonda onde se atopa situada a estatua do Mariscador. Agárdase que este novo proxecto poida estar rematado antes de Semana Santa.