O Concello do Grove pon o seu gran de area para os pozos de Kouthie Mbour
Fecha: 2017-03-16
O alcalde e a concelleira de Obras entregaron as placas que se colocarán nos pozos construídos pola ONG local “Por una Sonrisa”
O Concello do Grove quixo trasladar o seu apoio ao traballo levado a cabo pola asociación de carácter humanitario “Por una sonrisa” do Grove. Deste xeito no día de onte entregou unhas placas que permitirán que o nome desta organización estea presente no seu proxecto de pozos de auga en Kouthie Mbour (Senegal). O Concello valora moi positivamente a actividade desenvolta por estes veciños do Grove que permitiu trasladar material humanitario con frecuencia a poboados de África ao tempo que mobilizou os recursos necesarios para a construcións dos citados pozos.