O Concello do Grove acolle unha mostra de traballos escolares sobre a corresponsabilidade das tarefas do fogar
Fecha: 2017-03-24
A exposición está dispoñible na Sala das Dornas da Casa do Concello.
O alumnado dos centros de educación primaria do Grove elaboraron traballos de diverso tipo sobre a corresponsabilidade nas tarefas do fogar. O resultado das súas propostas deu lugar a unha exposición que está dispoñible na Sala das Dornas da Casa do Concello e que recolle debuxos, textos e incluso maquetas de como estas novas xeracións visibilizan a igualdade de xénero nun ámbito moi concreto, o do fogar. Deste xeito, e baixo a máxima da corresponsabilidade, constatan a naturalidade de que homes e mulleres realicen as mesmas tarefas domésticas e, polo tanto, compartan a partes iguais a súa responsabilidade.
A mostra estará dispoñible durante as vindeiras semanas no horario habitual de apertura do da Casa do Concello do Grove.