O Concello do Grove pon a proba o novo produto da Festa do Marisco
Fecha: 2017-03-31
A clausura do “Curso de Tapas e Tostas” que se vén celebrando nas instalacións da Deputación da Lanzada servirá para probar receitas de xiba.
O Concello do Grove comezou a xestionar a incorporación de xiba como novo produto na Festa do Marisco de 2017. Grazas á colaboración coa Confraría de San Martiño do Grove estase negociando a almacenaxe deste produto. De cara a súa presentación na Festa os participantes no curso de cociña que o Concello do Grove ten desenvolto nas instalacións da Deputación Provincial na Lanzada centraranse na preparación deste produto, buscando o xeito máis adecuado para a súa presentación na Festa.
Este actividade servirá como clausura do curso que se comezou en xaneiro e que estaba dirixido a maiores de 18 anos. Como peche de honra presentarán aos membros da corporación e as familias esta proposta final que será ademais unha interesante incorporación nun evento gastronómico de tanta repercusión como é a Festa do Marisco.