Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove continúa coas actividades de dinamización lectora

Fecha: 2017-04-04

 

O autor João Manuel Ribeiro achegarase á biblioteca municipal a presentar o seu libro.

 

O vindeiro mércores 5 de abril,  ás 19.00 h, a biblioteca municipal do Grove acollera o encontro co autor portugués João Manuel Ribeiro, quen presentará o seu libro Meu avó, rei das pequenas cousas. A actividade está aberta a todos os públicos interesados ao tratarse dunha obra para todas as idades.

 

O autor presentaralle a súa obra á veciñanza que busque gozar dun tempo de lecer envolto na lectura, unha obra portuguesa de éxito, publicada por Hércules Edicións. Ademais da presenza do autor, os asistentes terán a oportunidade de coñecer a tradutora da obra, Ánxela Gracián e dialogar con ambos.

 

O libro narra a fermosa relación entre un neno e o seu avó, cun canto á sinxeleza e á felicidade: “É un reino de cousas pequenas e de pequenas cousas, pero onde cabe todo o que é preciso ser para ser feliz e do que se fai a vida”.