O Concello do Grove organiza un obradoiro de autodefensa feminista
Fecha: 2017-04-06
A autodefensa feminista, un elemento indispensable de protección e loita contra a violencia machista.
O Concello do Grove organiza xunto con Asociación Lésbicas Creando un obradoiro de Autodefensa Feminista na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. Este obradoiro parte da concepción da violencia machista como algo estrutural: constrúense e ampárase na propia estrutura social, condicionando as nosas posibilidades de vida e benestar, e que impacta en todas as áreas: física, emocional, psicolóxica, relacional, social... polo que é necesaria a implicación das institucións na loita contra esta.
O obradoiro desenvolverase de forma practica e integral, isto é, que durante as tres horas traballando a todos os niveis e contra todas as violencias; conectando as violencias vividas a esta estrutura de opresión, posibilitando un traballo consciente e colectivo sobre os elementos da socialización de xénero dende un lugar de resposta e empoderamento.
s prazas son limitadas e a asistencia é de balde. O prazo de inscrición remata o 8 de abril e as interesadas e interesados pódense inscribir a través de cim@concellodogrove.es
ou chamando ao 986 730 900cim@concellodogrove.es
