Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convida a veciñanza a participar na Festa dos Maios

Fecha: 2017-04-26

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases para o tradicional concurso de maios.

 

O vindeiro luns, 1 de maio, a praza do Corgo acollerá a tradicional Festa dos Maios. A partir das 12.00 horas aquelas persoas e colectivos interesados e participar poderán presentar os seus maios tradicionais, os maios artísticos ou as coplas. Para poder tomar parte no concurso tan só é necesario inscribirse entre as 10.30 e 11.30 horas dese mesmo día na praza do Corgo. O xurado será o encargado de valorar as tres categorías outorgando tres premios de 100 euros ao mellor maio tradicional, 100 euros ao mellor maio artístico e 50 euros para a mellor copla e á súa interpretación.

 

Durante a mañá os referidos concursos estarán acompañados de xogos populares e da actuación do grupo de música tradicional de Paradanda-Mecos, que será o encargado de poñerlle sons a esta xornada. Desde o Concello do Grove anímase aos veciños e veciñas e aos colectivos e grupos a participaren para tomar parte desta actividade que pretende recoller tradicións doutros tempos.

BASES>