O Concello do Grove convoca IV Bienal do Simposio de Escultura ao aire libre
Fecha: 2017-04-28
Un ano más este concurso forma parte do programa de Festa do Marisco.
A Bienal de Escultura deste ano celebrarase entre o 22 de setembro e o 15 de outubro, no lugar habitual do Paseo Marítimo. O Simposio está aberto á participación de todos os artistas escultóricos do mundo, calquera que sexa a súa nacionalidade e lugar de residencia.
O material que se vai empregar será o granito e o tema libre. Isto permite o desenvolvemento creativo dos artistas sobre un material autóctono e duradeiro, non permitindo nas bases pintar ou cubrir o granito. O Concello non só lles proporcionará o material aos participantes, senón que tamén lles facilitará o aloxamento e a manutención.
O prazo para a recepción de propostas quedou aberto coa aprobación das bases o pasado 6 de marzo e concluirá o 2 de xuño de 2017. Os interesados poderán consultar as condicións deste certame na paxina oficial do Concello do Grove.
Todas as obras seleccionadas optarán aos seguintes premios, recibindo todos os gañadores un diploma acreditativo: o 1º premio, de 1.500 €; o 2º premio, de 900 € e o 3º premio, de 500€. Durante o simposio, os participantes deberán estar dispostos ao contacto co público que se achegue a velos traballar e cos medios de comunicación que así o requiran, xa que este evento resulta un reclamo de interesa durante a celebración da Festa do Marco e nas datas previas.