Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello informa da inspección técnica de ciclomotores prevista o mes de xuño

Fecha: 2017-05-02

O usuarios poderán pasar a ITV de ciclomotores dentro do municipio do 6 o 9 de xuño.

 

A Unidade Móbil da inspección técnica de ciclomotores  desprazarase ao Concello do Grove do 6 o 9 de xuño para facilitar aos usuarios do municipio a comprobación técnica dos seus vehículos. 

 

A unidade situarase no aparcadoiro da Illa da Toxa, tras cruzar a ponte. Os usuarios deste servizo poderán acceder a ela de 9.00 h a 13.30 h e de 15.15 h a 18.00 h de luns a venres. A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

 

Os usuarios de ciclomotores que desexen desfrutar desta vantaxe de mobilidade nas inspeccións poden solicitar cita previa por teléfono no 902 309 000 ou a través da súa páxina web www.sycitv.com