Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove acolle o primeiro evento de Cultura no Camiño, o concerto de Gelria

Fecha: 2017-05-16

 

A actuación enmárcase dentro da programación das Letras Galegas con música-homenaxe á poesía de Carlos Casares.

 

Hoxe martes 16 de maio, ás 19.00 h, na praza do Corgo do terá lugar o concerto da banda galega Gelria dentro da programación de Cultura no Camiño. Trátase dunha das actuacións estrela da ampla programación cultura do Concello do Grove que permite traer ata a vila meca unha banda de referencia que, por poñer un exemplo, actúa o día seguinte na Cidade de Cultura de Santiago de Compostela.

 

A interesante proposta musical deste grupo permitirá poñerlle música aos poemas do escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas, sendo unha oportunidade única para achegarse aos seus últimos traballos, pero tamén ás súas pezas anteriores amplamente coñecidas.

 

Gelria

 

Gelria é un grupo de musica galega creado no ano 2014. O grupo está composto por Elena Tarrats (voz), Federico Mosquera (piano) e Mario G. Cortizo (percusión). Cantas de poeta (2016) é o seu primeiro traballo discográfico. Consiste nunha antoloxía con catorce poemas da lírica galega de todos os tempos, postos en música desde o Rexurdimento de Curros Enríquez e Rosalia de Castro ata autores contemporáneos como Xosé Luis Méndez Ferrín o Chus Pato.