O Concello do Grove colabora coa xornada dos Castelos de Area do IES Monte da Vila
Fecha: 2017-05-16
A esta xornada asistiron 15 institutos, 3 novos centros e máis de 800 alumnos.
O IES Monte da Vila organizou onte unha xornada lecer na praia da Lanzada. Trátase da XII xornada de Castelos de Area na Lanzada, que este ano tivo como temática o espazo exterior ou espazo sideral.
A esta xornada asistiron quince institutos (tres dos cales son novos centros que non participaran en anteriores ocasións) e máis de oitocentos alumnos. O Concello do Grove colabora todos os anos con esta actividade prestando servizos de limpeza e saneamento, e son os técnicos de emerxencias municipais os que reforzan a vixilancia ou o acondicionamento do areal antes do comezo da actividade e posteriormente.
Esta actividade busca desenvolver a creatividade dos rapaces e rapazas mediante o seu traballo coa area da Lanzada. Realizase no estremo de San Vicente, polo lado do Sanatorio, para facilitar o acceso dos servizos e tamén pola calidade fina da area.