O Concello do Grove acondiciona o camiño da Raposeira en San Vicente
Fecha: 2017-05-26
As obras comezaron esta semana e quedarán rematadas nos próximos días.
O Concello do Grove ten acometido as obras de acondicionamento do camiño da Raposeira na zona dos Campos na parroquia de San Vicente. Para ese fin foron solicitados os medios técnicos da Mancomunidade do Salnés, concretamente, á maquinaria e o resto de traballo foi acometido con recursos municipais.
A intervención neste camiño consistiu nun recheo de pedra e xabre que o fará viable e mellorará notablemente a súa situación anterior. O concelleiro de Medio Rural, Juan Otero, supervisou onte pola mañá a evolución das obras.
Esta actuación súmase ás que se veñen acometendo desde hai semanas na parroquia de San Vicente e que permiten, unha vez que a climatoloxía ten mellorado, poñer en marcha a limpeza de camiños e outras melloras necesarias.